Enalia
Xestión de procesos enolóxicos

Xestiona e optimiza todos os procesos da túa adega

A verticalización de Odoo máis completa para o sector vitivinícola: da recepción da uva ao embotellado, con trazabilidade total e todo integrado no teu ERP.

Que é?

Solución vertical completa e a medida para a xestión de adegas

Enalia é un proxecto de desenvolvemento especificamente pensado para o sector vitivinícola. Trátase dunha verticalización de Odoo que integra o control dos procesos de recollida de materias primas e de maduración do viño dentro das funcionalidades que xa ofrece un ERP tan potente e versátil como Odoo.

Adáptase a empresas de calquera dimensión, desde pequenas adegas ata grandes cooperativas, e controla todo o proceso: desde a recepción da mercadoría ata o embotellado final, con especial atención á trazabilidade.

Desenvolvido coa experiencia
e garantía profesional de:
Alia Technologies

O percorrido

Da vendima á botella

Enalia acompaña cada etapa do proceso e deixa constancia de todo o que ocorre nela.

  1. Viñedo

    Parcelas propias e de socios, xeorreferenciadas, e preanalíticas da uva no campo para decidir o momento óptimo de vendima.

  2. Vendima e recepción

    Cada viaxe de uva pésase e rexístrase con todo o necesario para identificala e ubicala, con lectura automática de básculas e a ocupación dos depósitos en tempo real.

  3. Prensado

    As prensadas xéranse a partir das pesadas, cos seus albarás de entrada e saída, os rexistros de trazabilidade e a imputación de custos.

  4. Maduración

    Trasfegas, desfangados, filtrados, sangrados e descubes rexistrados en cada depósito, xunto coas correccións aplicadas aos mostos.

  5. Analíticas

    Analíticas de mostos, viños e espumosos durante toda a tempada para seguir a calidade e os tempos de maduración.

  6. Embotellado

    Embotellado, empaquetado e distribución con trazabilidade completa desde a uva, e cada custo integrado na contabilidade do ERP.

Áreas de xestión

Todo o proceso da túa adega, baixo control

Ademais de todo o que xa ofrece Odoo, Enalia xestiona os elementos propios do sector vitivinícola.

Parcelas

Centraliza a información das túas parcelas e das dos teus provedores ou socios para controlar os parámetros de produción que esixen as normativas de calidade.

  • Localización e xeorreferencia
  • Parcelas de provedores e socios
Como funciona?

Dúas pezas, un único sistema

Enalia une un ERP completo cun módulo deseñado especificamente para o sector vitivinícola. Todo queda integrado no mesmo software, sen duplicar datos nin procesos.

Odoo, a base de xestión

O ERP que sostén os procesos e a información da empresa: compras e vendas, CRM, contabilidade, almacéns, recursos humanos e moito máis.

Enalia, a verticalización vitivinícola

Un módulo específico para xestionar e controlar os procesos propios da adega: recepción da uva, prensado, maduración, analíticas e trazabilidade.

Integración contable

As operacións de adega entran no ciclo contable do ERP, con imputación directa de custos por operación, depósito ou campaña, en contabilidade financeira ou analítica.

Que pode facer?

Xestión completa, da vendima ao embotellado

Enalia permite realizar a xestión completa do proceso de maduración do viño, desde a súa etapa inicial de recollida en vendimas ata o seu embotellado. A recollida de materia prima realízase en forma de viaxes (pesadas), onde se reúne toda a información necesaria para iniciar o control de trazabilidade do produto. Mediante a selección do destino, mantense un control en tempo real do estado de ocupación dos depósitos.

Durante a maduración contémplanse todas as operacións posibles sobre o viño, como prensados, trasfegas, filtrados, sangrados e descubes, e consérvase a información de analíticas, preanalíticas e tratamentos. Así obtéñense informes históricos por receita ou por depósito, cun control absoluto da trazabilidade por materias e operacións.

O sistema integra ademais unha xestión de localizacións que permite manter xeorreferenciadas as zonas de cultivo.

Ademais das funcionalidades que xa integra un ERP como Odoo, con Enalia poderás:

Viñedo e recepción

  • Xestionar as túas parcelas e xeorreferencialas
  • Xestión de parcelas dos teus provedores
  • Xestión de depósitos
  • Xestión de prensas
  • Xestión de maquinaria agrícola
  • Lectura automática de datos de básculas (pesadas)
  • Trazabilidade completa da vendima

Analíticas e control

  • Xestión de receitas
  • Analíticas de solo
  • Analíticas de densidade
  • Analíticas de alcohois
  • Personalización de novas analíticas
  • Xestión de preanalíticas de campo
  • Control de tratamentos

Adega e operacións

  • Rexistro de trasfegas
  • Rexistro de filtrados
  • Rexistro de desfangados
  • Rexistro de sangrados
  • Rexistro de descubes
  • Rexistro de minguas
  • Xestión de embotellado
Por que Enalia?

O que Enalia
achega á túa adega

Xestión integral

Xestión de todo o proceso de maduración do viño desde as etapas máis temperás.

Trazabilidade do produto

Mantén un seguimento completo dos pasos dados ata a obtención do produto final.

Seguridade e integridade

A información dos teus procesos, almacenada e controlada nunha contorna segura.

Adaptabilidade

Un sistema aberto a modificacións para adaptarse mellor á operativa de cada empresa.

Consultoría

Analizamos as túas necesidades de xestión e propoñémosche a implantación máis axeitada para os teus requisitos.

Soporte

O noso equipo profesional á túa disposición para resolver dúbidas e para o mantemento técnico.

Produtividade

A dixitalización dos procesos produtivos garante unha mellora cualitativa na súa eficacia.

Un produto de Alia Technologies

Contacto

Falamos da túa adega?

Cóntanos como traballas e as necesidades da túa adega ou cooperativa e propoñémosche a implantación de Enalia que mellor se adapta a cada un dos teus procesos.